Dvicio é unha banda española de música pop rock formada na cidade madrileña de Rivas Vaciamadrid.
O xove quinteto, composto por Andrés e Martín Ceballos, Alberto González —coñecido como Missis—, Luís Gonzalvo e Nacho Gotor, fichou en 2013 pola compañía discográfica Sony Music. En marzo de 2014 saíu ao mercado o seu primeiro traballo, Paraíso, con gran repercusión en radios e televisións de España e Latinoamérica.
Día: Venres, 26 de agosto de 2016.
Recinto: Praza de España (Ferrol)
Hora: 22:00