Querido público:

 

O noso máis sincero agradecemento pola enorme paciencia e comprensión que están a ter nestes tempos tan complicados.

 

Grazas ao seu apoio e forza seguimos traballando con ilusión para que poidan gozar do concerto con garantías sanitarias.

 

Lamentamos as molestias que este novo aprazamento poida ocasionarlles.

 

As actuais restricións de aforo a 30 persoas, que estarán en vigor durante as próximas semanas, fan inviable a celebración do concerto de Ara  Malikian previsto para o 27 e 28 de novembro no Palacio da Ópera da Coruña.

 

Traballamos en varios escenarios posibles buscando sempre a súa comodidade e seguridade. Por iso, decidiuse aprazar estes concertos aos próximos días 11 e 12 de xuño de 2021.

 

Será no Palacio da Ópera da Coruña onde  será presentada a a nova xira “Le  Petit  Garage” na que Ara  Malikian percorre composicións propias, contemporáneas e clásicas acompañado ao piano de Iván “Melón” Lewis. Un concerto íntimo e persoal de corte máis clásico.

 

OS NOVOS DATOS DO CONCERTO:

 

DÍAS: Venres 11 e sábado 12 de xuño de 2021.

HORA: 21:00 H.

CIDADE: A Coruña.

RECINTO: Palacio da Ópera.

 

DEVOLUCIÓNS:

 

Ábrese un período de devolución de ata o 24 de novembro de 2020 ás 23:59 h debido ao cambio de días. Esperamos velo no novo espectáculo de Ara  Malikian.

 

Se non desexa acompañarnos ese día deberá solicitar a devolución da entrada en devoluciones@ataquilla.com

 

RECOLOCACIÓNS:

 

Unha vez rematado o período de devolucións asignaráselles un día e unha nova localización dentro do recinto. A pesar do cambio do recinto orixinal, as recolocacións serán acordes ás calidades compradas, baseándonos en visibilidade e proximidade ao escenario. Nos próximos días, enviaráselle un cuestionario para que poida elixir o día ao que desexa asistir. Unha vez realizada a súa recolocación, enviarémoslles as súas novas entradas.

 

VENDA DE NOVAS ENTRADAS:

 

Unha vez finalizado o proceso de recolocación das persoas que tiñan entradas de Ataquilla, abrirase a venda de entradas oficiais para o aforo restante a través de www.aramalikian.com

 

Grazas por apoiar a cultura nestes momentos tan difíciles. Estaremos encantados de gozar con todos vostedes.

 

 

GL