Udra Producións estrea o novo departamento de management coa chegada da gran Cristina Suey.
Tras traballar para Ara Malikian e colaborar con Alejandro Sanz e Beatriz Luengo, a chelista Cristina Suey presenta “Trauma”, unha peza instrumental de pura enerxía que bebe de artistas como “System Of A Down” ou “Apocalyptica”, como adianto do primeiro EP.
Estamos a pechar as primeiras datas da presentación do novo camiño de Cristina Suey. ¿Viches o videoclip de debút? Pódelo ver aquí
GL