Udra Producións está de aniversario: 5 anos!

En novembro de 2015, Udra producións comezou a súa andaina como promotora musical e servizos de produción. Desde entón, temos traballado nos mellores escenarios de Galicia e con algúns dos artistas máis recoñecidos nos seus xéneros. Producións coidadas ata o mínimo detalle para que o público goce de experiencias únicas e máximo respecto ao traballo dos artistas configuran a nosa forma de traballar. Veñan máis cinco!

GL