O teatro Jofre de Ferrol acollerá o sábado 6 de marzo unha das noites máis fermosas deste novo ano 2021, o concerto especial de Josele Santiago & The Limboos. As entradas están xa esgotadas.

Despois da gran experiencia que tiveron xuntas na pasada edición do Outono Códax Festival, Josele Santiago & The Limboos unen por segunda vez as súas forzas para traer o  novo proxecto ao Teatro Jofre de Ferrol.

Con Baía”, van xa tres discos de The Limboos en cinco anos. The Limboos continúan a súa imparable traxectoria musical. A música desta elegante banda, herdeira da mellor tradición musical dos anos 50, encóntrarase no Teatro Jofre nada máis e nada menos que co líder de Los Enemigos.

Josele Santiago, acompañado do guitarrista David Krahe, os dous integrantes de Los Enemigos –que veñen de sacar novo disco (Bestieza, 2020)– compartirán escenario con estoutro grupo galego -madrileño e coas súas fantásticas propostas de Exotic Rhythm & Blues.

GL