Esgotadas as entradas para as dúas xornadas da segunda edición de Noites á Fresca na Magnolia de Xuvia do Concello de Narón.

 

NOITES Á FRESCA chega á segunda edición. É unha proposta de lecer que ten por obxecto desenvolver proxectos culturais de calidade en espazos de interese patrimonial e turístico.

 

Dúas noites de música en directo arroupadas polo magnolio de Xuvia en Narón, sen dúbida un dos máis importantes emblemas naturais do concello. Esta árbore está protexida polo ordenamento municipal e, segundo algunhas fontes, pode ser a máis antiga de Galicia.

 

NOITES Á FRESCA é unha iniciativa:

 

– URBANA é un evento cultural que procura unha nova EXPERIENCIA nun entorno urbano singular.

 

– SOSTIBLE que ten por obxectivo consolidar unha proposta atractiva de ocio de verán.

 

– SEGURA Ao igual que na edición do ano pasado, seguiremos estrictos protocolos de seguridade.

 

Vémonos o 16 e 17 na Magnolia de Xuvia do Concello de Narón con Budiño & Novoa e A Banda da Loba.

 

 

GL