O xoves 22 de xullo temos unha cita con Ses en Fene. Será as 21:00h na Praza Alcalde Ramón José Souto González. Ciclo: “Xullo, mes da Patria”. Os convites sairán en Ataquilla.com

SÉS presenta un novo traballo discográfico co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que se inclúen unha antoloxía de cancións con letra e música composta pola propia cantante.

Un sétimo disco que mantén e potencia a súa valente mensaxe, e no que percorre América de norte a sur, todo filtrado pola súa alma de cantareira.

SÉS vén de converterse nunha das artistas de maior éxito en Galicia polo seu carisma e discurso así como pola forza e calidade das súas cancións, que sen dúbida a levarán a conquistar outros territorios.

GL