Os espectáculos de Pequemúsicas voltan ós escenarios co grupo Petit Pop! Será o vindeiro domingo 21 de novembro no Pazo da Cultura do Concello de Narón. As entradas sairán a venda o vindeiro 4 de agosto.

Concerto de música familiar no que o sentido do humor e a proximidade á vida diaria son o marco perfecto para explorar, a través do universo infantil, todas aquelas cousas que nos gustan, nos sorprenden, nos levan a facernos preguntas, nos asustan… e que son, en definitiva, sentimentos e emocións interxeracionais universais.Petit Pop propón un espectáculo participativo e divertido no que o público terá que implicarse. A única idade que importa é a da ilusión e a das gañas de pasar un bo rato gozando de cancións que pola súa sonoridade e temática conectan tanto cos rapaces como cos adultos.

Fundado en 2010, Petit Pop fórmano Mar, Lara, Cova e Pedro, integrantes de diversas bandas como Pauline en La Playa, Nosoträsh, Undershakers, Penélope Trip ou Edwin Moses. Con esas traxectorias non é estrano que no momnento en que empezaron a verse rodeados de nenos, seguiran facendo o que lles gusta pero adaptándose á nova situación. Entre os seus traballos destacan “Canciones para el coche” (2018), “Petit Pop” (2012), “No nos gustan los lunes” (2013), “No nos da pereza la naturaleza “(2014), “Vámonos en bici” (2015), “Surf en la bañera” (2016) e “Petitpopissimo” (2017)

 

GL