“ARA” será o título do novo disco de Ara Malikian e “The Ara Malikian World Tour” o título da súa nova xira. O vindeiro 9 de decembro será presentado dende NYC así como en todas as plataformas dixitáis.

“Cando vin ao meu fillo camiñar por primeira vez despois de meses de caídas, de intentos errados, de golpes e volta a probar, entendín que un día todos fomos esa forza que o tempo fai que esquezamos.

Os nenos son os seres máis auténticos que pódeste atopar, son salvaxes, son a tenrura na súa esencia e están cheos dunha verdade insultante, non teñen medo a equivocarse, son libres e expresivos e todo o que fan está repleto de arte.

Se miras a un neno entendes case todo o que fuches e hai un tempo que non che permites ser.

Esta xira é o resultado de ver crecer ao meu fillo, é o resultado do meu crecemento ao seu lado, é todos eses sons e melodías que tentan darlle forma ao que sentín e inspiroume del e da vida a través del. É un encontro co neno que non puiden ser e soñase ser. É unha homenaxe a eses seres que son tan libres como un paxaro libre.

Esta xira está chea de dinosauros, luras robóticas, máquinas do tempo, pianos voadores e mimos bilingües, este disco é iso que eu esquecera e que é tan poderoso; a Maxia de atopar cada día e cada senda fascinantes, traian o que traian.” (Ara Malikian)

 

GL