O Teatro Jofre de Ferrol acolle o venres 20 de maio a presentación do novo traballo de Malvela.

Malvela presenta disco novo reunindo un repertorio maioritariamente autoral. Música con enerxía para que os cantos tradicionais, eses que elas aprenderon de corrido canda nenas, sigan a facer festa, a ser patrimonio vivo de todos e todas, a engaiolar coa súa beleza e o seu ritmo. Malvela son un grupo moi popular en Galicia, queridísimas e con gran prestixio entre os programadores de música de raíz de toda a península.

Na billeteira do Teatro Jofre ou en www.udra.gal podes escoller agora as mellores butacas.

GL