O sábado 14 de maio presentarase no Teatro Jofre de Ferrol: BERTO o novo proxecto de Alberto Mira.
 
Logo de revolucionar o panorama musical en 2021 con Verto, agora lanza o seu proxecto máis persoal. Estará acompañado no directo dunha sorprendente banda, mesturando o electrónico e o analóxico.
 
O concerto será a presentación do introspectivo “Viaxe ao espazo interior” e do festivo e desenfadado E.P “Bailar Chikito”. Podemos agardar un concerto dividido en dúas partes e cheo de sorpresas e colaboracións.
 
Reserva data. Pronto entradas a venda en www.udra.gal ou na billeteira do Teatro Jofre.
GL