Luar Na Lubre serán protagonistas da nova edición da Festa do Pan do Concello de Neda. Subirán ao escenario do Paseo Marítimo de Xuvia ás 19:30h do domingo 4 de setembro.

Despóis de tres décadas de exitosa traxectoria, 19 discos publicados, e con máis de 1.500 concertos, en máis de 30 países, Luar Na Lubre é un dos grupos máis internacionáis e de referencia da música folk.

Esta será a totalidade da programación para a Festa do Pan do Concello de Neda:

 

– 10:00h. Apertura de panaderías e mercado de artesanía.

– 11:00h. Berros do castro

– 12:00h. Concurso de empanadas.

– 13:00h. Pregón a cargo da escritora Sara González Veiga. Entrega de premios do concurso de empanadas.

– 13:35h. Concerto de Cachas & Cousins.

– 14:00h. Xantar.

– 15:30h. Charanga Os Charangos.

– 17:00h. Obradoiro infantil de elaboración de pan.

– 18:30h. Circanelo de Fredi Muiño. Espectáculo Familiar.

– 19:30h. Luar na Lubre.

 

 

 

GL