O vindeiro xoves preséntase en Santiago a programación de Pequeclassics. Os espectáculos para toda a familia que percorrerán as cidades de Santiago, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, A Coruña e Ferrol do 1 de outubro ao 6 de novembro.
O obxectivo de Pequeclassics é aumentar a oferta cultural do Xacobeo 21-22 ao público infantil atraendo á familia ao completo a través de espectáculos familiares de música e artes escénicas. Pequeclassics é un elemento educativo dun enorme potencial que permite aprender gozando.
Pequeclassics quere achegar aos nenos e nenas a paixón pola música clásica, o jazz e outras músicas e artes a través do xogo e a diversión, facendo que os espectáculos cheguen ao espectador sen necesidade de coñecementos previos. Trátase de propostas educativas e musicais de gran calidade.
Este proxecto de Xacobeo 21-22 conta tamén coa colaboración da Fundación La Caixa.
GL