O luns 12 de setembro ás 12:00h sairán a venda en www.ataquilla.com as entradas para os espectáculos de Pequeclassics (Salvo os espectáculos de Ferrol e Pontevedra). Sos espectáculos para toda a familia que percorrerán as cidades de Santiago, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, A Coruña e Ferrol do 1 de outubro ao 6 de novembro.
Aquí podes consultar a totalidade da programación:
SANTIAGO DE COMPOSTELA.
“Soñando o carnaval dos animais” (Compañía Títeres Etcétera)
-Sábado 1 de outubro. 19:00h. Palacio de Congresos.
-Domingo 2 de outubro. 18:00h. Palacio de Congresos.
Entradas a venda en www.ataquilla.com
OURENSE.
“Parade, o circo dos valentes” (Compañía La Maquiné).
-Sábado 8 de outubro. 19:00h. Auditorio Municipal
Entradas a venda en www.ataquilla.com
“As cores do metal” (Compañía L´Auditori de Barcelona)
-Domingo 16 de outubro. 18:00h. Teatro Principal
Entradas a venda en www.ataquilla.com
Cinceconcerto: “O héroe do río” (Adrián Begoña)
-Domingo 6 de novembro. 12:00h. Teatro Principal.
Entradas a venda en www.ataquilla.com
LUGO.
“As cores do metal” (Compañía L´Auditori de Barcelona)
-Sábado 15 de outubro. 19:00h. Auditorio Gustavo Freire.
Entradas a venda en www.ataquilla.com
VIGO.
“Ma, Me, Mi… Mozart!” ” (Compañía L´Auditori de Barcelona)
-Sábado 22 de outubro. 19:00h. Teatro Salesianos.
Entradas a venda en www.ataquilla.com
Cineconcerto: “As aventuras do Principe Achmed” (Caspervek)
-Sábado 29 de outubro. 19:00h. Teatro Salesianos.
Entradas a venda en www.ataquilla.com
A CORUÑA
“Ma, Me, Mi… Mozart!” ” (Compañía L´Auditori de Barcelona)
-Domingo 23 de outubro. 18:00h. Palacio de la Ópera.
Entradas a venda en www.ataquilla.com
PONTEVEDRA.
Cineconcerto: “As aventuras do Principe Achmed” (Caspervek)
-Domingo 30 de outubro. 18:00h. Liceo Casino de Pontevedra
Entradas a venda en www.ataquilla.com
“Parade, o circo dos valentes” (Compañía La Maquiné).
-Domingo 9 de outubro. 12:00h. Liceo Casino de Pontevedra
Entradas a venda en www.ataquilla.com
FERROL.
Cinceconcerto: “O héroe do río” (Adrián Begoña)
-Domingo 6 de novembro. 18:00h. Teatro Jofre.
Entradas en www.ataquilla.com e billeteira do Teatro Jofre.
O obxectivo de Pequeclassics é aumentar a oferta cultural do Xacobeo 21-22 ao público infantil atraendo á familia ao completo a través de espectáculos familiares de música e artes escénicas. Pequeclassics é un elemento educativo dun enorme potencial que permite aprender gozando.
Pequeclassics quere achegar aos nenos e nenas a paixón pola música clásica, o jazz e outras músicas e artes a través do xogo e a diversión, facendo que os espectáculos cheguen ao espectador sen necesidade de coñecementos previos. Trátase de propostas educativas e musicais de gran calidade e éxito.
Este proxecto de Xacobeo 21-22 conta tamén coa colaboración da Fundación La Caixa.