Pequeclassics chega a Compostela co espectáculo “Soñando o carnaval dos animais” (Premio Nacional das Artes Escénicas para a Infancia ea xuventude) da compañía Títeres Etcétera. Será no Palacio de Congresos os días 1 e 2 de outubro. Xa podes conseguir as mellores butacas aquí

  • Sábado 1 de outubro. 19:00h
  • Domingo 2 de ouotubro. 12:00h

Imaxinemos o soño dun fauno, que soña con animais de África, de Asia, de Australia, nadadores, voadores, grandes, pequenos, lentos, veloces, prehistóricos, de granxa e ata de orquestra. Que soña con música. Imaxinemos unha orquestra e un concerto e soñemos con C. Debussy e C. Saint-Saëns. Atoparémonos coa realidade, un concerto invadido polo humor e a poesía, por animais que xorden da música e por once músicos facendo o animal, interpretando quince pezas musicais envoltas pola fantasía. Unha cadea de sorpresas sen máis lóxica que a dos soños.

Idade recomendada: a partir de 3 anos.

Duración: 45 min.

Repertorio: Claude Debussy e Camille Saint-Saëns

Non perdas un dos mellores e máis fermosos espectáculos desta tempada en Galicia.

Este espectáculo está patrocinado por Xacobeo 2021- 2022 e Fundación La Caixa

#Xunta #Xacobeo2122 #Xacobeo #Pequeclassics.

GL