Ana Tijoux chega ao Auditorio Galicia de Compostela o sábado 29 de maio en data única. Reserva data e permanece atenta, as entradas sairán a venda o luns 24 de maio as 10:00h nesta ligazón.

Ana Tijoux, iniciada no hip- hop, atravesa as fronteiras do xénero e moitas outras grazas á poderosa traxectoria como solista que iniciou en 2009, e que a transformou na figura chilena de maior relevancia internacional da súa xeración.

Con cinco discos gravados desde 2007, incluíndo cancións como “Sacar A Voz” o ‘Somos Sur’, unha enorme axenda de concertos internacionais e colaboracións con figuras globais como a mexicana Julieta Venegas, o uruguaio Jorge Drexler ou a palestiniana Shadia Mansour, Ana Tijoux  gañou un Grammy Latino e outras seis nominacións aos premios Grammy e Grammy Latino cunha carreira onde a conciencia política está sempre presente no discurso e na acción.

O rebentar da crise social en Chile en outubro de 2019 non deixou a Ana indiferente. Respondeu lanzando un “cacerolazo”, unha explosión de acción sonora que apela  ao movimento e á danza como resposta de rebeldía alegre contra a inxustiza do sistema. Ana volta ao rap, á palavra, ao internacionalismo qe á loita antifascista: un abrazo honesto para todas as persoas que sofren as inxustizas deste sistema e loitan contra elas.

 

ES