Os espectáculos de Pequemúsicas voltan ós escenarios con “Acróbata y Arlequín” de La Maquiné. Será o vindeiro domingo 26 de setembro no Pazo da Cultura do Concello de Narón. As entradas sairán a venda o 4 de agosto.

Acróbata e Arlequín é un obra escénico-musical inspirada no universo do circo de Pablo Picasso durante o periodo rosa (1904 -1907) e a música das primeiras vangardas a través dos compositores Erik Satie e Francis Poulenc. O espectáculo é interpretado con canto lírico, piano en directo e escenificado con teatro de actores, monicreques, sombras, obxectos e proxeccións. Un actor narrador guia a escena para o entendemento da obra para un público familiar, recomendado a partir de 4 anos.

FINALISTA PREMIOS MAX 2020. MELLOR ESPECTÁCULO PARA PÚBLICO INFANTIL, XUVENIL OU FAMILIAR.

FINALISTA PREMIOS MAX 2020. MELLOR DESEÑO DE ILUMINACIÓN.

FINALISTA PREMIOS MAX 2020. MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO.

PREMIO FEIRA DE CASTELA E LEÓN 2019. MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL E FAMILIAR .

PREMIO FEST CLÁSICA 2020. MELLOR CONCERTO PEDAGÓXICO .

PREMIO FETEN 2020. MELLOR CARACTERIZACIÓN, AMBIENTACIÓN E VESTIARIO.

La Maquiné é unha pequena compañía artística que, nos seus preto de 15 anos de traxectoria artística, coproduciu espectáculos con prestixiosas institucións como o Gran Teatre do Liceu de Barcelona, a Ópera do Teatro Real de Madrid, o Padroado da Alhambra, e o Instituto Cervantes entre outros. Teñen realizado xiras internacionais en Francia, Holanda, Marrocos, Irlanda, Chile, Taiwan, Hong Kong, China, Macao, Turquia, Portugal, Noruega e Reino Unido.

 

ES