O Teatro Jofre de Ferrol acolle o sábado 25 de setembro a presentación do novo disco de María Rodés: “Lilith”, un novo traballo polo que conseguiu o Premio MIM 2021 ó mellor álbum de música de raiz.

O persoal traballo desta cantautora barcelonesa caracterízase polas súas múltiples facetas. Desta volta transita polos mundos das bruxas con “Lilith”.

Non perdas este fermoso concerto. Podes conseguir as entradas aquí

ES