Ourense e Pontevedra acollen o espectáculo de La Maquiné para Pequeclassics: “Parade, o circo dos valentes”. Toma nota:

🗓️ Sábado 8 de outubro. Ourense

📍 Auditorio Municipal

🎟️ Compra a túa entrada en www.ataquilla.com

 

🗓️ Domingo 9 de outubro. Pontevedra

📍 Liceo Casino de Pontevedra

🎟️ Compra as últimas entradas en www.ataquilla.com

 

Unha parella de comediantes chega á praza dun pobo e monta a súa pequena carpa de circo para mostrar a súa única atracción, Babar, un bebé elefante que quere ser artista, pero ten medo dos humanos. A través do teatro de obxectos, as artes plásticas, a música en directo e inspirándose no circo de outrora, A Maquiné tráenos esta proposta chea de vitalidade, humor e tenrura, na que coñeceremos a historia de Babar e como chegou ao circo dos valentes.

 

#Xacobeo2122 #Xacobeo #Ourense #Pontevedra #Pequeclassics

ES