Vigo e Pontevedra acollen o Cineconcerto de Pequeclassics: “As aventuras do principe Achmed” coa BSO ao vivo a cargo de Caspervek. Toma nota:

🗓️ Sábado 29 de outubro. Vigo
📍 Teatro Salesianos
🎟️ Compra a túa entrada en www.ataquilla.com

 

🗓️ Domingo 30 de outubro. Pontevedra
📍 Liceo Casino de Pontevedra
🎟️ Compra a túa entrada en www.ataquilla.com

Proxección cinematográfica silente con música en directo. A primeira longametraxe de animación conservada da historia e unha experiencia tan bela como emocionante. Un conto de sombras chinesas e unha aventura lendaria. As aventuras do príncipe Achmed presenta unha técnica de animación de siluetas que Lotte Reiniger inventara e que consistía en recortes manipulados feitos con cartón e finas láminas de chumbo baixo unha cámara. Interpretación musical en directo de Caspervek Trío.

ES