

Aldaolado
04
Marzo
2021
8:00 p.m. - 10:00 p.m.
Aldaolado acaban de decartase do necesario que é facer un espectáculo poético sobre a indignación, o enfado, a ira, o cabreo e a mala hostia. Un espectáculo no que poder expoñer a gusto todas aquelas cousas que as enfadan, os seus pequenos e grandes odios, que son, en gran medida, os de moitas de nós.
As poetas Lucía Aldao e María Lado levan xa unha longa traxectoria como escritoras e creadoras de espectáculos escénicos nos que a poesía, a música en directo e o humor son a base. Furia necesaria se opón a esa imaxe de amor e tenrura da que tanto se abusa no xénero lírico.